...........................................................................................................................
abc

I FESTA DA COCIÑA DA PEDRA

8 de MARZO de 2009

Coincidindo coa VI Festa da Filloa da Pedra de A Baña, e como actividade complementaria organizada por socios e amigos da Asociación Filloas da Pedra de A Baña, informamos da celebración da I Festa da Cociña da Pedra en Galicia o día 8 de marzo de 2009 en A Baña.

A cociña da pedra, cunha orixen celta confirmada, é unha técnica de lareira de Galicia que os nosos devanceiros veñen transmitíndonos dende hai séculos.

Esta primeira edición
únicamente consistirá nun curso-degustación no que os asistentes aprenderán a cociñar na pedra algúns dos pratos máis tradicionais que veñen cociñando moitos galegos e veciños do Val de Barcala dende hai moitas xeracións.

O menú a degustar no curso por 25 €:
  • Espeto de polbo e langostinos na pedra con vinagreta de perexel e patacas cachelo
    Vídeo de polbo á pedra
  • Lomo de robaliza na pedra con verduras salteadas e ensalada de leituga
  • Presa de porco celta con patacas de mantequilla e pementos do piquillo, todo feito na pedra con salsa agridoce de mazán
  • Filloas recheas de tarta de queixo ó forno con caramelo

Por mor da falta de espacio, só podemos ofrecer nesta primeira edición da Festa da Cociña da Pedra un curso para 40 asistentes, polo que recoméndase reservar praza para o curso-degustación e confirmar a asistencia a esta actividade.

Información e inscrición na
Axencia de Desenvolvemento Local
de A Baña -
981 886 777

Enlaces con fotografías e vídeos para estas actividades:

Descarga receitas do noso libro de filloas en PDF

 

BASES DO
V CERTAME DE COCIÑA
DE FILLOAS DA PEDRA

 

CURSO DE COCIÑA
DE FILLOAS DA PEDRA

 

BLOG DA FILLOA

 

Inicio

 

 

 

 

Elaboración das filloas Recetas con filloas Historia da Festa da Filloa da Pedra Actividades da Asociación Galería de fotos Blog da filloa da pedra