. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

abc
V CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA
8 DE MARZO DE 2009

O Concello de A Baña, como actividade enmarcada dentro da programación a realizar na VI Festa da Filloa da Pedra, convoca o V CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA, co patrocinio da Fundación Feiraco, e coas seguintes BASES:

1º.- Cada concursante poderá presentar un máximo de dous pratos ó certame, sendo o ingrediente base a filloa da pedra. Cada preparación culinaria deberá ir acompañada da correspondente receita indicando o nome da mesma, o/a autor/a ou autores/as, ingredientes, cantidades e método de elaboración.
A valoración que outorgue o xurado basearase no arrecendo, no sabor do prato, na presentación e na orixinalidade da combinación dos ingredientes.

2º.- Os participantes neste certame inscribiranse antes das 14 horas do venres 06 de marzo de 2009 na Axencia de Desenvolvemento Local ou no teléfono 981 886 777. As bases deste certame pódense recoller na oficina da citada axencia en horario de 9 a 14 horas.

3º.- A inscrición será de balde, e no momento de facela asinaráselle a cada participante un número identificativo que figurará xunto ó prato dende o inicio do concurso, facilitando deste xeito o anonimato. Ó remate da valoración dos pratos por parte do xurado, cada participante poderá recoller o material utilizado.

4º.- Dende o momento da presentación dos pratos ó certame, os dereitos sobre as receitas presentadas e as fotos que se lles fagan ós pratos pasarán a ser propiedade do Concello de A Baña.

5º.- O prazo para a presentación dos pratos ó concurso rematará ás 13 horas do domingo 08 de marzo, e o lugar para presentalos será no stand do Concello de A Baña, no Pavillón Municipal.

6º.- Recórdaselle ós participantes que deberán seguir unhas normas mínimas de hixiene alimentaria durante todo o proceso de elaboración ou transporte dos alimentos.

7º.- O Xurado estará integrado por membros de recoñecido prestixio do eido gastronómico. Se a calidade dos pratos así o suxire, poderase declarar deserto o premio do Certame ou conceder os accésists que se coiden oportunos. O Xurado terá plenos poderes para decidir sobre calquera dúbida ou incidencia que xurda durante o Certame. As decisións do Xurado son inapelables.

8º.- Outorgaranse dous premios, ó mellor sabor e á mellor presentación, que consistirán nunha cesta de produtos de alimentación valorada en 300 €, e un diploma acreditativo do premio. Así mesmo, haberá unha mención especial ó prato máis orixinal, o gañador do cal recibirá como premio unha cea. A tódolos concursantes se lles fará entrega dun agasallo en agradecemento pola súa participación. Os premios entregaranse o mesmo día 08 de marzo, ás 13:30 horas, no transcurso da VI Festa da Filloa da Pedra (Pavillón Municipal).

9º.- A presentación ó Certame implica a aceptación destas bases.

Concello de A Baña, a 06 de febreiro de 2009

 

 

DESCARGAR BASES

CURSO DE COCIÑA
DE FILLOAS DA PEDRA


DESCARGAR
CARTEL CERTAMEN

FOTOS DE RECEITAS

I FESTA DA COCIÑA DA PEDRA EN GALICIA

 

INICIO

 

Elaboración das filloas Recetas con filloas Historia da Festa da Filloa da Pedra Actividades da Asociación Galería de fotos Blog da filloa da pedra